Os alumnos-traballadores da especialidade de marketing e comunicación do Obradoiro de Emprego do Concello de Mos atópanse inmersos nunha novidosa campaña en redes para apoiar ao comercio local. Este programa chámase ‘Queda en Mos II’ e conta con subvención autonómica. Os obxectivos do mesmo son vender a marca local de Mos e promocionar o comercio local de cara ao vindeiro encontro de comerciantes. Este celebrarase próximamente, tamén baixo o nome de Queda en Mos, e este ano cumpre a súa segunda edición.
A campaña inclúe a realización de vídeos curtos, que a continuación se difunden nas redes sociais, Instagram e Tik Tok, nos que os propietarios dos comercios locais presentan os seus negocios. Explican brevemente a que se adican, que ofertan e onde están situados. Esta dinámica permite que os clientes coñezan mellor os seus produtos, e os servicios dispoñibles no seu entorno, axudando a crear un maior vínculo entre os comerciantes e os veciños.
Cos seus respectivos vídeos de presentación, os comerciantes teñen a oportunidade de
amosar os seus produtos e servizos dun xeito dinámico e atractivo. Isto facilita aos consumidores coñecer mellor o que teñen ao seu redor. As pezas audiovisuais estánse a publicar a razón dun vídeo por día, sempre en horario de tarde. As obras están a lograr moi bos resultados de repercusión nas redes sociais. Cúmprese un mes da campaña e xa levan preto de 100 mil visualizacións e máis de 12 mil contas únicas alcanzadas.