jueves, noviembre 21, 2024
InicioO PaísA CoruñaÁngeles Vázquez insta aos partidos a traballar xuntos para reducir a factura...

Ángeles Vázquez insta aos partidos a traballar xuntos para reducir a factura do lixo

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático respondeu esta mañá a dúas interpelacións no pleno do Parlamento e subliñou que a Xunta segue apostando pola cooperación cos municipios na xestión dos seus residuos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, emprazou hoxe aos grupos parlamentarios do PSdeG e do BNG a sumar esforzos coa Xunta. Instou en traballar a través das institucións nas que están presentes para reducir a factura que abonan os 295 concellos galegos adheridos a Sogama pola xestión dos seus residuos.

Durante a súa intervención ante o pleno do Parlamento de Galicia, subliñou que o Goberno autonómico leva anos traballando conxuntamente coas entidades locais . A súa finalidade era garantir e acadar unha xestión axeitada e responsable dos residuos sólidos urbanos. Ademais, asegura que tiñan un diálogo constante con elas e apoiándoas ante decisións do Executivo central que van ter un impacto negativo nas súas contas.

En concreto, a responsable autonómica referiuse á entrada en vigor o ano pasado do novo imposto estatal sobre o vertido e a incineración, ao imposto á produción de enerxía e á orde ministerial pola que se elimina a retribución ás plantas termoeléctricas que beneficiaba a Galicia, unhas políticas “penalizadoras” que se traduciron no caso de Sogama en perdas por un importe de 18 millóns de euros só no ano 2023.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS