O municipio ourensán acollerá o evento cultural o próximo 5 de outubro
O vindeiro 5 de outubro, Allariz acollerá o X Festival Internacional de Poesía «Poemagosto». Trátase dun evento cultural consolidado que reúne a poetas, músicos e artistas de dentro e fóra de Galicia.
Poemagosto terá lugar no patio cuberto do Museo do Coiro e promete ser unha xornada chea de arte, creatividade e celebración da palabra. Estas foron as bases coas que no ano 2014 comenzou a súa andaina ata consolidarse como referente no panorama cultural galego.
Esta mañá, os organizadores do Poemagosto, xunto co concelleiro de Cultura de Allariz, Alberto Conde, presentaron a programación desta nova edición. Nela destacaron a relevancia de continuar co fomento da poesía e da cultura.
O programa do festival inclúe unha variada oferta de actividades para todos os públicos:
Como cada ano, Poemagosto busca fomentar a cultura e a creatividade, tanto na escena local coma na internacional, creando un espazo de encontro e libre expresión. Pódese coñecer máis acerca desta iniciativa na súa web.