sábado, septiembre 28, 2024
InicioNewsComarcasO Parlamento debate xoves a mellora da Unidade de Saúde Mental de...

O Parlamento debate xoves a mellora da Unidade de Saúde Mental de Ponteareas

Este debate é iniciativa do BNG ante as necesidades das persoas usuarias, que actualmente agardan máis dun ano por unha cita para o psicólogo

O Parlamento Galego debaterá este xoves unha iniciativa do BNG para mellorar a Unidade de Saúde Mental de Ponteareas. Así o anunciou a deputada e concelleira ponteareana, Cristina Fernández Davila, denunciando “a precaria situación deste servizo de referencia para máis de 50.000 persoas de toda a comarca”. “Solicitamos a ampliación de prazas do cadro de persoal da Unidade de Saúde Mental de Ponteareas para poder atender toda a demanda. É indecente e inmoral que as persoas usuarias que precisan apoio teñan que agardar máis dun ano pola súa cita co único psicólogo do servizo”, denunciou a concelleira do BNG de Ponteareas.

Na iniciativa, o Bloque solicita tamén garantir a cobertura das prazas actuais. Cristina Fernández sinalou que “cando unha das dúas psiquiatras permaneceu de baixa laboral non foi substituída e anuláronse as citas durante meses a persoas que precisaban atención psiquiátrica e levaban xa demasiado tempo agardando a cita”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS