A corporación municipal de Mondariz xa ten data para a celebración do pleno de investidura do novo alcalde. Será este xoves, 26 de setembro, ás 8.30 horas. Tras a renuncia de Xoán Carlos Montes, “Calis”, e o seu equipo de goberno a pasada semana, o pleno deberá elixir ao novo alcalde, que será, previsiblemente, o popular Pablo Barcia, ao ser o PP a seguinte lista máis votada, por detrás de Alternativa por Mondariz (AporM), que non se postulará ao cargo.
O PP, con tres concelleiros, non necesitará do apoio do resto da oposición para ser investido rexedor do Concello de Mondariz, aínda que gobernará en minoría, cunha oposición formada por AporM con cinco edís, o BNG con dous e o PSOE con unha.