viernes, noviembre 22, 2024
InicioO PaísA CoruñaIníciase o segundo encontro do programa Ultreia co gallo de incentivar o...

Iníciase o segundo encontro do programa Ultreia co gallo de incentivar o emprendemento

Mañá terá lugar a xornada da provincia de Pontevedra e pasado mañá a de Lugo, para acabar de escoller os proxectos que poderán presentarse no Foro do investimento final co gallo de conseguir sacar adiante con éxito as súas ideas de negocio

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, inaugurou hoxe na Coruña o segundo encontro do programa Ultreia Galicia Rexión Emprendedora, retos e solucións para un territorio intelixente. A finalidade é seguir avanzando na meta marcada de incentivar ás persoas e entidades emprendedoras a impulsar o seu camiño, xerando sinerxías e identificando retos con solucións conxuntas. Todo no marco do plan de acción de Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025, que se está a definir -dixo- da man do ecosistema emprendedor.

Tamén estiveron o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, a directora xeral de Traballo e Economía Social, Marta Mariño, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo. O conselleiro agradeceu -neste caso- a implicación da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) para que proxectos innovadores consigan financiamento e se dea un pulo aos principais sectores económicos de Galicia.

Así, segundo recordou, o programa Ultreia divídese en dous bloques. O primeiro básase na identificación das empresas emerxentes e persoas emprendedoras de cada provincia, dándolles soporte para que atopen investidores e apostando pola diversificación e polo impacto no territorio. O segundo céntrase nos sectores estratéxicos, nos seus retos e nas súas empresas tractoras, mapeando os axentes emprendedores de interese para facer de cada provincia un territorio intelixente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS