A última destas accións tivo lugar no areal de Santa Marta coa talla dun eucalipto
O Concello de Baiona atópase realizando labores de poda nas diferentes zonas verdes que ten a localidade.
No día de onte, dentro das labores que están realizar, produciuse a talla dunha especie arbórea denominada eucaliptus globulus. Concretamente, esta árbore tiña un gran risco de caída xa que era de grandes dimensións e estaba a escasa distancia de domicilios. Ademais, o seu enraizamento era dubidoso, xa que estaba en zona de rocas e había que ter en conta as posibles inclemencias meteorolóxicas na zona como temporais ou fortes choivas.
A citada árbore atopábase nunha zona de alta densidade de persoas, especialmente en tempada estival posto que estaba preto do areal de Santa Marta e da capela de Santa Marta.
Desta maneira, para poder proceder á talla deste eucalipto contouse coa previa autorización do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, debido a que estaba en terreo de dominio público marítimo-terrestre.
Unha vez que se tallou, púidose observar que estaba totalmente seco por dentro e supoñía un grave perigo para os viandantes da zona e para as casas lindeiras pola súa posible caída.