domingo, septiembre 29, 2024
InicioO PaísA CoruñaAs tecnoloxías emerxentes e as súas posibilidades dentro do sector turístico

As tecnoloxías emerxentes e as súas posibilidades dentro do sector turístico

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa na apertura dunha nova acción formativa sobre Intelixencia Artificial aplicada aos profesionais do turismo

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou hoxe as oportunidades que ofrecer tecnoloxías emerxentes como a Intelixencia Artificial “para facer avanzar a actividade turística e transformar o xeito de conectar cos clientes e xerar valor”. Así o manifestou durante a apertura do curso sobre esta temática que arranca hoxe no Centro Superior de Hostelería de Galicia para os profesionais do turismo, centro ao que situou como “un referente” na formación do sector turístico.

No decurso da súa intervención, Xosé Merelles salientou que esta proposta formativa vén a continuar outra de semellante contido desenvolta na primavera deste mesmo ano. “A alta participación e o aproveitamento demostrado polos asistentes nesta formación, motivounos a seguir achegando as ferramentas de intelixencia artificial ao sector, nesta ocasión desde unha perspectiva máis interactiva e práctica”, engadiu.

As dúas formacións, a inaugurada hoxe a e celebrada en marzo e abril, forman parte do Plan de Formación do CSHG no marco do cal xa se levan impartidas 65.000 horas de formación en idiomas (inglés, alemán, portugués, francés, italiano) con preto de 600 participantes. Tamén lingua de signos nunha aposta por mellorar a accesibilidade do destino. Ademais, 100 profesionais formáronse xa este ano tamén en IA na empresa turística achegándose a ferramentas avanzadas como ChatGPT. “Está prevista unha nova edición con 100 prazas de inglés en distintos niveis e tamén unha nova edición de intelixencia artificial”, afirmou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS