sábado, septiembre 28, 2024
InicioNewsActualidadeUn mosense opta a ser un dos “50 panadeiros TOP de España”

Un mosense opta a ser un dos “50 panadeiros TOP de España”

Juan López Crespo, da parroquia de Dornelas, participa no concurso en Pontevedra representando á panadería na que traballa, El Atelier de Diego Caride, que á súa vez opta a conseguir unha “Estrela da Panadería Española”

O veciño da parroquia de Dornelas, Juan López, achegouse onte pola mañá ata o Concello de Mos para presentarlle á alcaldesa, Nidia Arévalo, e demais membros do goberno local, unha bola como a que presentará en Pontevedra no concurso “50 panaderos TOP de España” e coa que optará tamén ao premio “Estrella de la Panadería Española” representando á panadería na que traballa, “El Atelier de Diego Caride” en Vigo.


O concurso ‘50 panaderos TOP de España’- ‘Estrella de la Panadería Española’ disputarase na sección da Zona Norte o vindeiro 25 de setembro de 2024 no Mercado de Abastos de Pontevedra.


O xurado estará composto, por profesionais do sector que efectuarán catas a cegas dos pans presentados en cada convocatoria. Os integrantes do xurado serán D. Eduardo Ubeda, Dª. María José San Román, D. Manuel Flecha, D. Florindo Fierro, D. Pere Fábrega e D.Carlos Martín.


No concurso valoraranse os seguintes criterios: imaxe visual – forma e aspecto greña e estructura, peso (800/900 g.) – corteza e suela – cocción – cruxencia – miga, e alveolado – aroma – sabor – estrutura en boca.


O día 5 de novembro de 2024, darán lectura dos gañadores no acto de entrega dos premios. Nun gran Acto Final con todos os premiados se procederá á entrega das Estrelas aos Panadeiros TOP de España: darase a coñecer aos 3 panadeiros mellor valorados e faráselles entrega, respectivamente, das Estrelas de Ouro, Prata e Bronce. Juan xa participara no ano 2022 no concurso “A Ruta do Bo Pan” e coa que optou ao premio “Miga de Ouro” representando á panadería na que traballa, “El Atelier de Diego Caride” en Vigo.


O embaixador mosense, Juan López, recoñece estar “moi ilusionado ante esta nova experiencia. A panadería é a miña paixón xa que levo 32 anos na profesión de panadeiro. É unha profesión que amo e que desenvolvo con todo o cariño desde os meus 17 anos”, asegura Juan.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, desexoulle pola súa banda “toda a sorte do mundo, e estou segura de que Juan fará un excelente traballo e un bo papel neste concurso do que, ogallá, sala un gañador mosense”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS