sábado, septiembre 28, 2024
InicioNewsActualidadeSoutomaior pon a disposición da Xunta as referencias catastrais dos terreos para...

Soutomaior pon a disposición da Xunta as referencias catastrais dos terreos para o novo centro de saúde

Lourenzo sinalou que Soutomaior «xa fixo todos o deberes» e instou á Xunta a que os Orzamentos galegos de 2025 inclúan partidas específicas para a construción do novo centro de saúde

O Concello de Soutomaior porá esta semana a disposición da Xunta as referencias catastrais dos terreos para a construción do novo centro de saúde de Arcade.

Dende a entidade local declaran que «ten xa os deberes feitos e agora é a quenda da Xunta de iniciar as obras canto antes para que a veciñanza de Soutomaior conte canto antes co novo centro de saúde».

Para a adquisición das parcelas víronse afectados por numerosas demoras debido ao proceso de expropiación dos terreos, iniciado polo anterior alcalde e equipo de Goberno.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “tal e como indicamos no anterior mandato e en varios ocasións durante o actual, o Goberno de Soutomaior considera en que apostar pola expropiación no canto de negociar os terreos foi un erro, xa que retrasou durante moito tempo a adquisición das parcelas, atrasando a súa vez o futuro comezo das obras de construción do centro de saúde».

Lourenzo tamén explicou que o Concello seguiu adiante cos trámites da expropiación coa «máxima celeridade». Así, o pasado mes de abril, o rexedor asinou a escritura de adquisición dos terreos nos que se ubicará este centro.

Unha necesidade entre os veciños da localidade

“Nós levamos dende hai meses cos deberes feitos e agora é o momento de que a Xunta mova ficha. Agora que se están a redactar os Orzamentos galegos para 2025, solicitámoslle á Xunta a que estes orzamentos recollan partidas específicas para a construción do novo centro de saúde” declarou o alcalde da vila.

Neste sentido, Lourenzo lembrou que “a veciñanza de Soutomaior sofre desde hai anos unha alarmante falta de profesionais da sanidade. Contamos cunha poboación de máis de 7.500 persoas e cun cadro de persoal de tres médicos e médicas, o que supón unha ratio moi por enriba do que aconsella a Organización Mundial da Saúde» e solicitou que «a Xunta comece canto antes a construción do novo centro de saúde de Arcade e faga investimentos en persoal».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS