jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísO Barco, Ourense e a Pobra de Trives reforzan as súas conexións

O Barco, Ourense e a Pobra de Trives reforzan as súas conexións

O delegado territorial anunciou que se incrementa a oferta vixente entre o Barco de Valdeorras con Ourense con dous novos servizos, tanto de ida como de volta; e dende o Barco de Valdeorras coa Pobra de Trives con outras dúas expedicións

Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense, visitou esta mañá a estación de autobuses de Ourense para anunciar que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ampliou e optimizou as conexións do Barco de Valdeorras con Ourense e A Pobra de Trives dende o pasado luns, día 16.

O delegado territorial explicou que o número de servizos dispoñible entre Ourense e Valdeorras incrementouse con dúas novas expedicións que se manterán operativas de luns a venres, unha de ida e outra de volta.

Así, trátase dunha expedición con saída do Barco de Valdeorras ás 06:00 horas e coa chegada prevista a Ourense sobre as 08:00 horas. Por outro lado, o autobus con saída de Ourense sería ás 16:15 horas e coa chegada estimada ao Barco sobre as 18:15 horas.

Pardo engadiu que ademais, tamén se mellora a conexión entre O Barco de Valdeorras e A Pobra de Trives para facilitar os desprazamentos das persoas usuarias entre estas dúas vilas con novos servizos e coa incorporación dunha nova parada nas liñas existentes.

Neste caso, os horarios da liña que conecta O Barco de Valdeorras e A Pobra de Trives serán funcionais en tempada lectiva os luns e os martes.

Pódese consultar toda a información relativa aos novos servizos na web de Transporte Público de Galicia.

Así o explicou Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense, na súa visitou a estación de autobuses de Ourense:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS