As probas terán lugar en Santiago de Compostela e Ponferrada na segunda quincena de novembro do 2024
Aberta a convocatoria de probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua, que permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego a efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.
As probas para a obtención destes certificados oficiais realizaranse en Santiago de Compostela e Ponferrada e terán lugar durante a segunda quincena de novembro do 2024 (as datas concretas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua).
Os interesados e interesadas teñen de prazo ata o 4 de outubro para inscribirse. Deberán cubrir un formulario de solicitude e aboar o pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame.
As persoas que precisen máis información sobre as probas ou o formulario poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas.