Disporá de 90 prazas, algunhas concertadas, nunha nova edificación de tres plantas ubicada en Nigrán
Porto do Molle disporá dunha residencia de maiores e estímase que esté en funcionamento no ano 2026. Así, esta semana comezaron as obras para construír a residencia que contará cunha capacidade para 90 usuarios a cargo da firma compostelana «Argenta Capital S.L.U.»
O edificio ubicarase na futura zona de servizos e ocio recreativo do parque empresarial, entre a rúa do Xial e Barreira, nunha parcela de máis de 5.000 metros cadrados.
Para este proxecto, cóntase cun orzamento de case 3 millóns de euros dos cales, por un lado, están os case 1.500.000 euros diríxense ás obras cuxa edificabilidade total ascende a 2.486 metros cadrados distribuídos en tres plantas (sótano, baixa e primeira) e por outro, 3.400 euros para o terreo.
“É a mellor nova para Nigrán porque gañaremos dentro do noso municipio prazas asistenciais, algunhas delas concertadas, e ao mesmo tempo xerará emprego”, subliña o alcalde, Juan González, en referencia a escasez de oferta pública en toda a comunidade e á previsión de xerar mínimo 30 postos de traballo directos.
“Para min é especialmente importante que as persoas maiores de Nigrán non se teñan que desvincular da súa contorna trasladándose a residencias incluso de fora da provincia como está a acontecer, isto tamén forma parte do Nigrán para todos que estamos a construír”, sinalaba o rexedor.
A residencia terá un total de tres plantas
Polo que respecta á distribución, consta de soto, pranta baixa e primeiro andar.
Desta forma, na pranta baixa ubicarase a área de dirección-administración que inclúe unha zona de recepción e outra de despacho de recepción, e tamén se proxectan 15 dormitorios dobres, salas de convivencia, comedor, zona de rehabilitación, aseos, enfermería, cocina, almacén… Nesta pranta haberá porche e acceso lateral ao xardín.
Xa no primeiro andar situaranse outras 30 habitacións dobres, comedor, aseos e despacho. Finalmente, no soto ubícase a lavandaría, mortuorio, vestiarios de persoal e zonas de almacén.