sábado, septiembre 28, 2024
InicioO PaísA CoruñaA Cidade da Cultura acolle a primeira mesa de traballo do Programa...

A Cidade da Cultura acolle a primeira mesa de traballo do Programa de Atracción de Talento

Nestas xornadas celebraranse mesas de traballo cos sectores metalmécánico, construción, agroalimentario, turístico, TIC e loxístico para coñecer as súas necesidades específicas de persoal e detectar as carencias do catálogo de postos de difícil cobertura

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado da directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, inaugurou esta mañá na Cidade da Cultura a primeira das mesas de traballo do Programa de Atracción de Talento nas empresas galegas, que se celebrarán desde hoxe e ata o vindeiro mércores.

Estas xornadas contan coa participación dos sectores metalmécánico, construción, agroalimentario, turístico, TIC e loxístico. Ademais, enmárcanse nas liñas de acción que está promovendo a Xunta coa finalidade de coñecer as necesidades específicas de persoal do tecido produtivo galego e identificar as barreiras de acceso a man de obra, especialmente da estranxeira. Tamén buscan informar sobre as diferentes vías e recursos que ten en marcha a Administración autonómica para facilitar a incorporación ao mercado laboral da colectividade galega do exterior e de persoas estranxeiras. Así mesmo, búscanse detectar as carencias do catálogo de postos de difícil cobertura, coa idea de propoñer a súa actualización ao Goberno central.

Na súa intervención, José González puxo en valor o traballo conxunto público-privado que supoñen estas mesas para abordar en común coas empresas un reto de tanto calado como é o da cobertura das vacantes laborais, que definiu como un desafío tan estrutural como común nos diferentes mercados de traballo e ao que desde o Executivo se busca dar resposta para que o tecido empresarial siga sumando competitividade e á vez se mellore a empregabilidade dos cidadáns.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS