sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoRedondela renova as súas marquesiñas con paneis de diferents temáticas

Redondela renova as súas marquesiñas con paneis de diferents temáticas

Campañas sobre o 8M, personaxes ilustres de Redondela, artistas locais ou paneis con información medioambiental decoran agora estas renovadas marquesiñas.

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, en colaboración coas de Igualdade e Cultura, está a renovar e mellorar medio cento de marquesiñas dentro do municipio e onde moitas delas atópanse nas parroquias.

Operarios municipais están a limpar e pintar estas paradas de autobús, que se embelecen con paneis informativos sobre diferentes temáticas. Estes trátanse de carteis en diferentes soportes sobre igualdade, patrimonio, cultura e medio ambiente, entre outros temas.

Son paneis propiedade do Concello, de anteriores campañas dos departamentos de Igualdade, Cultura e Medio Ambiente, e que se atopaban nos almacéns municipais. Así o explicaba o concelleiro de Infraestruturas, Roberto Villar, explica que “os carteis corresponden a diferentes épocas, desde os últimos 20 anos, aos que agora damos unha segunda vida e ofrecemos información interesante á veciñanza ao tempo que decoramos as marquesiñas”.

Evitar o vandalismo

Villar agarda que, con esta nova decoración, se eviten as pintadas e o vandalismo que estraga as paradas de autobús, aínda que recoñece que “non será doado”. Por iso fai un chamamento á cidadanía para que evite publicar nas redes sociais fotografías con graffitis e outro tipo de actos vandálicos “porque xeran un efecto chamada”.

Advirte que “o que buscan os autores deste tipo de estragos é protagonismo, e o feito de que se difundan contribúe a que o vandalismo se incremente”.

Lembra que as pintadas e outras desfeitas no mobiliario urbano “supoñen para as arcas municipais un gasto de milleiros de euros cada ano”.

Novas marquesiñas na avenida de Redondela

Por outra banda, en toda a avenida de Redondela en Chapela, substituiranse todas as marquesiñas por unhas novas. As instalacións das paradas do autobús cambiaranse o próximo trimestre.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS