domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO programa "Enredadas" chega en outubro a Soutomaior

O programa «Enredadas» chega en outubro a Soutomaior

Dende o Concello buscan impulsar esta iniciativa que durará os meses de outubro e novembro e que contará coa colaboración das asociacións veciñais

A concelleira de Igualdade e de Benestar Social, Rosana Martínez, presentou hoxe unha nova edición do programa Enredadas. Unha iniciativa que, ao abeiro da oficina CIM, impulsará o Concello de Soutomaior durante os meses de outubro e novembro.

Trátanse dun conxunto de actividades grupais dirixidas a mulleres maiores de 60 anos e que realízanse en colaboración con distintas asociacións veciñais do municipio. É importante resaltar en relación á cuestión da idade, que naqueles casos nos que as mulleres interesadas en participar pertenzan a colectivos vulnerables non se terá en conta o criterio de idade.

Os obxectivos de «Enredadas» van desde afastar da soidade a estas mulleres ata traballar o seu autocoñecemento, autoestima, asertividade… así como fomentar o aumento do seu grao de empoderamento e a creación ou afianzamento das redes de apoio entre elas.

Todas estas sesións terán un transfundo lúdico e traballaranse todos estes conceptos a través de xogos e dinámicas, actividades, exercicios de relaxación, entre outros.

En canto á colaboración coas asociacións veciñais, por unha banda inténtase fomentar a vida nos distintos barrios de Soutomaior, e por outra, facilitar o desprazamento das participantes.

As actividades son todas de balde e a gran maioría comezarán a primeira semana de outubro. O horario de cada unha delas pódese consultar na seguinte imaxe que corresponde á programación:


As mulleres interesadas en formar parte destas iniciativas poden inscribirse poñéndose en contacto de xeito directo coa Asociación que imparte a actividade elexida.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS