domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasGondomar instalará un posto de actualización de documentación

Gondomar instalará un posto de actualización de documentación

O obxectivo está en mellorar a atención e asistencia aos usuarios dos certificados electrónicos do DNI

O Concello de Gondomar asina un convenio coa Dirección Xeral da Policía para a instalación dun Posto de Actualización de Documentación (PAD).

“Trátase dun servizo co que se pretende mellorar a atención e a asistencia ás persoas que utilizan os certificados electrónicos do Documento Nacional de Identidade (DNI)”, destacou o alcalde de Gondomar, Paco ferreira.

O PAD servirá para a renovación dos certificados electrónicos. Actualmente, teñen unha validez de 24 meses ou ata a data de vencemento do DNI cando sexa anterior e así como para o cambio das claves de acceso. Esa actualización realízase de forma voluntaria, gratuíta e por iniciativa do propio cidadán.

“O PAD instalarase no Centro Neural porque é o edificio que alberga a oficina itinerante da Policía Nacional para a renovación do DNI, é o edificio municipal con maior tempo de apertura e por albergar tamén as oficinas da Policía Local de Gondomar” explicou o rexedor

A entidade local, ademais de ceder o espazo cunha toma de corrente e con conexión a internet, asume os gastos de mantemento, conservación e limpeza do lugar e a contratación e pago dos consumos de enerxía eléctrica e das liñas de comunicacións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS