jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsA RaiaOs incendios de Portugal, en estado de calamidade, tinguen os ceos de...

Os incendios de Portugal, en estado de calamidade, tinguen os ceos de Galicia

O fume dos incendios que afectan a Portugal chegou a Galicia, onde os municipios fronteirizos espertáronse esta mañá co ceo cuberto e o sol tinguido de vermello, un fenómeno que tamén chegou a cidades coma Vigo.

Só hai un incendio activo no norte da provincia de Pontevedra, segundo informa a Consellería de Medio Rural, polo que o fume que se ve en Concellos como Vigo, Nigrán, Tui ou Porriño corresponde aos fogos do país veciño.

En todo caso, polo de agora, o fume apenas afectou á calidade do aire, tal e como indican desde MeteoGalicia.

Portugal, en situación de alerta e calamidade

A situación en Portugal está fora de control. Ante a gravidade dos incendios que asolan o país, o Goberno portugués declarou a situación de alerta ata o final do xoves e anunciou que decretarán a o «estado de calamidade» nos municipios afectados para poder apoiar máis rapidamente aos prexudicados. A situación de calamidade é unha firgura legal que en Portugal pódese aplicar en catástrofes de gran dimensión para adoptar medidas de carácter excepcional destinadas a previr, actuar ou repoñer a normalidade.

Esta onda de incendios que afecta principalmente ao norte de Portugal e ao centro do país xa deixou sete falecidos, varias decenas de feridos e evacuados e miles de hectáreas calcinadas.

Actualmente atópanse loitando contra o fogo sobre o terreo máis de 5.000 efectivos, uns 1.600 medios terrestres e 26 medios aéreos. Ademais, un equipo de 230 bombeiros da Unidade Militar de Emerxencias de España (UME) chegou hoxe a Portugal para sumarse a estas labores de combate contra os incendios que asolan o país.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS