domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasIniciadas as obras de mellora do pavimento e canalización nas Rasas en...

Iniciadas as obras de mellora do pavimento e canalización nas Rasas en Gondomar

As actuación terán unha duración aproximada de oito meses e nelas investirase máis de 156.000 euros

O Concello de Gondomar acaba de adxudicar o contrato para a realización das obras de mellora e pavimentación e canalización de pluviais nas Rasas. Trátase da primeira fase dun proxecto que ten como obxectivo mellorar o entorno rural do núcleo da parroquia de Gondomar.

As actuacións a desenvolver serán as necesarias para mellorar a pavimentación e a seguridade vial do camiño co fin de facilitar o acceso a veciñanza.

Está previsto un plazo de execución para a realización das obras de, aproximadamente, oito meses. Estas adxudicáronse á empresa Construcciones FECHI, S.L.U. cun orzamento inicial de máis de 156.000 euros e que se financiarán a través do Plan de obras e Servizos da Deputación de Pontevedra para o ano 2023.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, manifestou que «estamos moi satisfeitos coa intervención que vamos a acometer» e declaraba que se trata «dunha actuación moi necesaria, xa que o estado de deterioro da vía era evidente e a rede de recollida de pluviais era insuficiente».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS