jueves, septiembre 19, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoA tercera edición do congreso Automob Summit chega ao seu fin

A tercera edición do congreso Automob Summit chega ao seu fin

O obxectivo deste evento era ofrecer un foro de encontro para a industria da automoción e debater a mobilidade do futuro a nivel internacional

O congreso Automob Summit, que estivo organizado pola Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), celebrou onte e hoxe a súa terceira edición co obxectivo de ofrecer un foro de encontro para a industria da automoción e debater a mobilidade do futuro a nivel internacional. O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na clausura do evento, e explicou o compromiso do goberno galego cos desprazamentos sostibles con iniciativas como a Estratexia Galega de Mobilidade ou o Plan de Transporte Público de Galicia.

Na súa intervención, Diego Calvo destacou esta Estratexia Galega de Mobilidade, unha folla de ruta a seguir ata 2050 cun orzamento de 420 millóns de euros e case un cento de medidas para garantir desprazamentos sostibles. Trátase de “reducir os desprazamentos, a distancia dos traslados, as emisións contaminantes e os accidentes de tráfico”, explicou o conselleiro.

De feito, entre os obxectivos marcados destaca que o 90% da poboación estea a menos de 30 minutos da cabeceira da súa área sanitaria ou a menos de 15 minutos da rede viaria de altas prestacións,  acadar cero emisións ou reducir un 5% os desprazamentos por estrada en 2050 e que o 30% dos desprazamentos en 2030 sexan non motorizados. Diego Calvo argumentou que, para acadar estes obxectivos, a Xunta continuará a poñer en marcha infraestruturas sostibles como sendas peonís e ciclistas, puntos de intercambio modal ou aparcamentos disuasorios, ademais de fomentar o transporte público. Nesta liña, lembrou que a estratexia aliñase con outras iniciativas do Goberno galego como o Plan de Transporte Público de Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS