A secretaria do municipio de Mondariz redactou un informe para todos os grupos da oposición aclarando que o orzamento xeral non está aprobado. Este documento advirte que, ao contrario do que divulga estes días a oposición, o orzamento de Mondariz non está aprobado.
Ante as informacións difundidas na última semana e os recursos presentados, a secretaria municipal emitíu un informe aclarando o concepto de orzamento municipal no que se pode ler que “os orzamentos das entidades locais constitúen a expresión conxunta sistemática das obrigas que, como máximo, pode recoñecer a entidade e os seus organismos autónomos e os dereitos que prevean liquidar durante o exercizo correspondente”. O orzamento debe ser configurado por alcaldía e deberá ser informado por Intervención e remitido ao Pleno para a sua aprobación.
Este informe indica tamén que a aprobación do orzamento ten que realizarse mediante un acordo único, unidade de acto que afecta obxectivamente a todo o proxecto, sen que permita observacións ou fórmulas de salvaguarda respecto dalgunha das súas previsións ou da documentación que o integra.