jueves, septiembre 19, 2024
InicioO PaísA CoruñaA Coruña acolle a primeira edición do Foro técnico da Alianza galega...

A Coruña acolle a primeira edición do Foro técnico da Alianza galega polo clima

A Alianza galega polo clima, que conta xa con 154 entidades adheridas, pretende aproveitar sinerxías para traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para acadar a neutralidade climática

A Xunta reuniu hoxe na Coruña ás entidades adheridas á Alianza galega polo clima nun encontro de traballo para impulsar a cooperación público-privada para a análise e deseño de estratexias que permitan acelerar a adopción de prácticas de sostibilidade ambiental de cara a acadar a neutralidade climática da Comunidade.

Segundo subliñou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a súa participación no I Foro técnico da Alianza galega polo clima: Casos de éxito das empresas ante os novos retos climáticos, cómpre un compromiso transversal, conxunto e coordinado das administracións e do tecido produtivo e social da Comunidade para conseguir confluencias que multipliquen o efecto das súas respectivas accións individuais.

Nesa liña, Ángeles Vázquez puxo en valor a iniciativa Alianza galega polo clima, posta en marcha pola Xunta en 2022 e que reúne xa máis de 150 entidades adheridas, cuxos representantes de máximo nivel se reuniron na Coruña neste primeiro foro técnico co obxectivo de que se converta nun espazo de referencia nos temas asociados ao cambio climático e á acción medioambiental.

Así, nesta primeira reunión fíxose unha posta en común tanto dos avances conseguidos como dos novos retos que supón o quecemento global de cara a reforzar as sinerxías entre os socios da iniciativa. En concreto, 12 empresas punteiras da Comunidade expuxeron en catro mesas redondas a súa experiencia en cuestións como a economía baixa en carbono, o capital natural, o marketing verde ou as iniciativas empresariais de economía circular.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS