sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoSoutomaior realizará obras de mellora na estrada de acceso a Cortellas

Soutomaior realizará obras de mellora na estrada de acceso a Cortellas

O Goberno local investirá case 75.000 euros de fondos propios para mellorar o estado da estrada de Cortellas

Soutomaior vén de anunciar que xa comezaron as obras para arranxar a estrada de acceso ao barrio de Cortellas desde o Val-Sobral.

En concreto, o ano pasado no mes de novembro, unha parte importante do talude natural que soporta a estrada viuse abaixo nunha escorredura de terras producida polas riadas. Isto obrigou ao Concello a cortar o tráfico para garantir a seguridade da veciñanza.

Unha vez superados os procesos administrativos que tiveron paralizado o proxecto durante varios meses, o goberno local iniciou dita obra. Esta consiste na construción dun muro de dique de 14 metros de lonxitude e máis de 5 metros de altura máxima que estabilizará o talude natural.

Agora, o obxectivo é adiantar os prazos o máximo posible para que os veciños de Cortellas poidan volver a circular canto antes por esta estrada, garantindo en todo momento a súa seguridade.

O investimento que se está a levar a cabo procede de fondos do propio Concello

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que o Goberno local investirá 75.000 euros de fondos propios para levar a cabo esta actuación e explicou que “desde o momento en que se produciu a escorredura puxémonos a traballar para atopar a mellor solución e agora, menos dun ano despois de que tivese lugar o sinistro, comezamos coas obras para poder reabrir a estrada”.

Neste sentido, Lourenzo agradeceu o traballo realizado polo equipo de Goberno e polas funcionarias municipais para poder levar a cabo este importante investimento de 75.000 euros en menos dun ano.

“Foron meses de moito traballo técnico e administrativo con un duplo obxectivo: reabrir canto antes esta estrada que conecta os barrios de Cortellas e o Val-Sobral e garantir a seguridade de todas as persoas que no día a día circulan por esta estrada» concluíu o rexedor.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS