martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasPorriño terá o primeiro centro de acollida a mulleres vítimas de violencia...

Porriño terá o primeiro centro de acollida a mulleres vítimas de violencia de xénero con adiccións

O Concello do Porriño terá o primeiro centro de acollida de Galicia para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción. A Xunta de Galicia destinará un millón de euros de fondos europeos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Next Generation EU) para que o Concello porriñés “adquira, reforme e prepare” un inmoble co fin de albergar este recurso.

O obxectivo deste centro de acollida, tal e como apuntou o presidente galego, Alfonso Rueda, será “axudar as vítimas no control e superación das adicións para que logo poidan incorporarse á vida autónoma”. Ademais, entrará a formar parte da Rede Galega de Acollemento, dotándoa dun recurso especializado que se suma ao que xa teñen as vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental.

Na actualidade, a Rede Galega de Acollemento ofrece máis de 80 prazas en 7 centros situados na Coruña, Ourense, Ferrol, Lugo, Vigo, Burela e Chantada. Rueda sinalou que a violencia de xénero é unha cuestión “primordial” para a Xunta, así como “ofrecer a mellor asistencia ás vítimas, ademais das políticas de prevención”, polo que a Administración autonómica destina este ano 24 millóns de euros á súa loita, o que supón un 15 % máis que no 2023.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS