jueves, noviembre 21, 2024
InicioO PaísA CoruñaO polígono da Tomada mostra interese en adaptarse á integración paisaxística da...

O polígono da Tomada mostra interese en adaptarse á integración paisaxística da Xunta

Desde o ano 2012, a Xunta, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), traballa de forma continuada na elaboración de guías técnicas de boas prácticas paisaxísticas dentro da Colección Paisaxe Galega

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salientou hoxe o interese dos empresarios do polígono industrial da Tomada por adaptar este espazo ás recomendacións recollidas pola Guía para a integración paisaxística destas áreas que foi elaborada pola Xunta de Galicia.

Durante unha reunión que mantivo hoxe na Pobra do Caramiñal con representantes da Entidade Urbanística de Conservación deste polígono industrial, Ángeles Vázquez puxo en valor o compromiso desta asociación empresarial co fermosismo coa súa decisión de aplicar esa guía como “punto de partida e referente”. A través dela haberá melloras na área industrial de cara a compaxinar as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento das actividades económicas coa creación de espazos afables e integrados na paisaxe.

Nesa liña, segundo subliñou a conselleira, é fundamental ter en conta a repercusión destes espazos industriais no medio ambiente e abordar cuestións como, por exemplo, a mellora da calidade do aire ou a redución da demanda enerxética. A toma en consideración destes aspectos suporá un “sinal de calidade e identidade para o propio parque empresarial”, engadiu Ángeles Vázquez.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS