martes, diciembre 3, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoArte, cultura e deporte para crear unha sociedade máis igualitaria en Tui

Arte, cultura e deporte para crear unha sociedade máis igualitaria en Tui

Tui despide o verán cunha nova iniciativa que busca fomentar a igualdade de xénero a través da arte, a cultura e o deporte. Baixo o nove de “Boas Vibes”, o evento celebrarase os días 20, 21 e 22 setembro, e ofrecerá obradoiros e accións culturais e creativas  en distintos espazos da cidade , enfocándose en sensibilizar contra as violencias machistas e contribuíndo á construción dunha sociedade mais corresponsable, igualitaria e inclusiva.

O programa arranca o venres 20 de setembro cun obradoiro de música e rimas impartido pola cantante de músicas urbanas Wöyza, dirixido a rapazada de 14 a 25 anos, con prazas limitadas e inscrición previa,  rematando esta xornada cunha actuación aberta na Praza de San Fernando.

O sábado 21 será a quenda dos obradoiros de poesía para mozas e mozos de 16 a 25 anos, coa Premio Nacional de Poesía 2023 Yolanda Castaño e de cómic e debuxo manga, para rapazada de 12 a 18 anos, coa debuxante e docente Coral Martínez. Xa pola tarde, a bailarina e coreógrafa de danzas urbanas Yara Juncal impartirá un obradoiro de danza no lateral da Catedral,  rematando a xornada coa actuación do grupo Boombox Dance Studio na Praza de San Fernando, de acceso libre.

Finalmente o domingo 22 o colectivo Vella Escola pechará o evento con dous obradoiros de skate con prazas limitadas e inscrición previa que farán as delicias de rapaces e rapazas, e unha exhibición de rolling para todos os públicos da patinadora galega de recoñecido prestixio nacional Bomba Hache. Ademais, de 16:00h a 20:00h, haberá dispoñibles algunhas ramplas e módulos de libre disposición, para toda a rapazada maior de 12 anos que queira achegarse co seu skate. A continuación, como peche de ouro, o rides gañador do Marisquiño en 2022 e 2023, Aaron Santos, fará una demostración de BMX FlatLand no Paseo Fluvial ás 20 horas.

Organizado pola concelleria de igualdade do Concello de Tui ao amparo do Plan Corresponsables xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e coa financiación do Ministerio de Igualdade,  «Boas Vibes» representa unha oportunidade única para a mocidade de participar en actividades creativas ao tempo que promove valores de igualdade e respecto.

Inscricións no enderezo de correo electrónico: igualdade@tui.gal

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS