viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoA XI "Carrera contra el Cáncer" de Vigo celebrarase o 20 de...

A XI «Carrera contra el Cáncer» de Vigo celebrarase o 20 de outubro

A presentación deste evento deportivo, que organiza a asociación Vigo Contra el Cáncer e que se celebrará en Coia, tivo lugar hoxe

Hoxe tivo lugar a presentación da XI “Carrera contra el Cáncer” de Vigo, que organiza a asociación Vigo Contra el Cáncer e que se celebrará en Coia o vindeiro 20 de outubro. A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, puxo o foco en que este tipo de citas demostran “no só que aos vigueses nos gusta estar en plena forma, senón que tamén somos unha cidade cunha grande implicación social e moi solidarios”.

Sánchez agradeceu “aos organizadores e voluntarios polo gran traballo que hai detrás” e quixo darlles ás grazas “por esta gran idea que permite visibilizar a importancia e necesidade de dotar de fondos suficientes á investigación para atopar cura a esta enfermidade tan terrible e dramática”.

Este ano o 90% da recadación irá destinada ao proxecto Galicervix, liderado pola doutora Isaura Fernández, do servizo de Oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro. Este programa quere mellorar a resposta, o seguimento e o tratamento do cancro de pescozo uterino. Ademais, como cada ano, o 10% restante destinarase ao desenvolvemento de actividades cos cativos de Oncoloxía do Cunqueiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS