martes, diciembre 3, 2024
InicioConcellos +ArboEstabilizado un incendio en Arbo tras queimar 20 hectáreas

Estabilizado un incendio en Arbo tras queimar 20 hectáreas

Un incendio forestal mantivo en vilo aos veciños e veciñas de Arbo esta noite. O fogo, declarado ás 23.41 horas na parroquia de Mourentán, quedou estabilizado ás 8.37 horas deste luns tras calcinar unha superficie que rolda as 20 hectáreas.

Nas labores de extinción deste incendio lévanse mobilizado, polo de agora, 2 técnicos,  5 axentes, 16 brigadas, 13 motobombas e 2 pas.

Non foi o único incendio da xornada. Onte, domingo, preto das 21 horas, outro fogo sorprendía aos veciños e veciñas de Mougás, en Oia. Dúas horas máis tarde quedou estabilizado tras queimar seis hectáreas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS