sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeVisita teatralizada ao patrimonio xudeu de Tui este domingo

Visita teatralizada ao patrimonio xudeu de Tui este domingo

Venres e sábado continúan as “Xornadas gastronómicas sefardís” coa ruta de tapas de bacallau en oito establecementos

Esta fin de semana continúan as actividades do “Setembro xudeu en Tui” con dúas novas ofertas que promoven o legado patrimonial e cultural que as comunidades xudías e criptoxudías teñen deixado na nosa cidade.


Por unha banda, este domingo 15 de setembro, ás 11.30 h, na Oficina Municipal de Turismo comezará unha nova visita temática, neste caso dinamizada con varias teatralizacións ao longo do seu percorrido, que realizará un achegamento ao legado xudeu en Tui dun xeito novidoso e dinámico.


Ao longo do venres e sábado os oito establecementos de hostalaría participantes nas “Xornadas gastronómicas sefardís: ruta de tapas de bacallau” seguirán ofertando as súas especialidades ao prezo de 2€. As persoas interesadas poden retirar os seus “pasaportes” nos establecementos participantes ou na Oficina Municipal de Turismo. Entre aqueles entregados até o 10 de outubro na Oficina de Turismo, con ao menos 5 selos, realizarase un sorteo de agasallos.


Participan nesta ruta de tapas do bacallau os seguintes establecementos:

  • Vello Cabalo Furado (Seixas, 2) Boliños de bacallau con alioli
  • Tapería O Albergue (Seixas, 6) Pan bao recheo de bacallau encebolado
  • Cafetería Entrehoras (Compostela, 6) Garavanzos con bacallau
  • Parador de Tui (Avenida de Portugal, s/n) Cañita rechea de brandada de
    bacallau e pemento do piquillo con vinagreta de canela e mel
  • Ideas Peregrinas (Porta da Pía, 1) Baguel de pan de sementes, bacallau
    afumado e pemento do piquillo
  • Cociñarte (Martínez Padín, 8) Gratén de bacallau
  • Santiamen (Cantón de Diomedes, 1) Bacallau á brasa sobre cama de broa
    de milho
  • Puro Sabor (Ourense, 3) Empanadilla de bacallau

Cómpre lembrar que ao longo de todo o mes de setembro está instalado na Praza
do Concello e na Corredoira diante da Oficina de Turismo o photocoll coa árbore, a imaxe escollida para a celebración das “Xornadas Europeas da Cultura Xudía” pola Red de Juderias de España, á que pertence este Concello de Tui dende o ano 2019. As persoas que se tomen unha foto xunto á árbore, a suban a instagram etiquetando á conta da Red de Juderías @redjuderias, participarán no sorteo de diversos agasallos.


Ana María Núñez Álvarez, concelleira de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui, anima á veciñanza e visitantes a participar nestas actividades do “Setembro xudeu en Tui” que ata agora están logrando un gran éxito de participación. A concelleira tudense lembra que Tui é a única cidade da provincia de Pontevedra que forma parte da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e do itinerario cultural do Consello de Europa “Rutas do patrimonio xudeu” que xestiona a The European Association for the Preservation and Promotion of Jewish Culture and Heritage (AEPJ).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS