jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsActualidadeRegresa ao Pazo de Mos o 'Desfilamos' e o Concurso de Novos...

Regresa ao Pazo de Mos o ‘Desfilamos’ e o Concurso de Novos Deseñadores das Palilleiras de Mos

O evento será o vindeiro 21 de setembro ás 20.00 horas con inscrición previa para que o público poida reservar asento

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e a presidenta da Asociación de Palilleiras de Mos, Montse Pereira, presentaron esta tarde no Pazo de Mos, a nova edición do Concurso de Novos Deseñadores DesfilaMos 2023 que organiza a Asociación de Palilleiras de Mos e que terá lugar o 21 de setembro ás 20.00h nos xardíns do Pazo.


Trátase xa da IV Edición do Concurso Noveis Deseñadores das Palilleiras de Mos e este ano, ao igual que o pasado, as persoas interesadas en asistir como público poden inscribirse e reservar cadeira na ligazón https://forms.gle/ESqWMHqpVtjFvvV68. Os inscritos recibirán a súa invitación personalizada para gozar do desfile en primeira fila.


Nesta cuarta edición compiten por premio 10 deseñadores novéis chegados de diferentes partes de Galicia. Os premios polos que compiten os participantes son os seguintes:
1º premio: 500€ + exposición da colección.
2º premio: 200€ + exposición da colección.
3º premio: 100€ + exposición da colección.
Premio especial do público: 100€.


Por outra banda, desfilarán tamén deseñadores e empresas xa consolidados procedentes de España, Italia, Bulgaria, Polonia, Inglaterra e República Checa. De entre eles, presencialmente desfilarán as coleccións dos deseñadores de Italia (procedente de Trapani) e España (desde Arenys de Mar, que tamén exporá no Pazo a mostra “El lenguaje de las flores en los encajes”, avalada polo ‘Museo de Arenys de Mar’; e desde Galicia: Muxía, Coruña, Porriño, Mos, Pontevedra, e Vigo). E virtualmente desfilarán os deseñadores procedentes de Bulgaria, Polonia, Inglaterra e República Checa (Krakovany). A exposición no Pazo de Mos inaugurarase o propio día do desfile, 21 de setembro, ás 12:30 h.


DesfilaMos é un evento onde artesanía, moda e novos deseñadores que promoven e promocionan a artesanía do encaixe de palillos “palilleir@s”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS