Richard Hawley, Ash, Gigolo Aunts e El mató a un policía motorizado encabezan un cartel con 20 bandas e artistas que espallarán a súa música por diferentes recintos da cidade do 13 ao 22 de setembro
Do 13 ao 22 de setembro, seis auditorios e salas de Vigo acollerán as diferentes actuacións musicais que conforman o Festival Underfest Xacobeo, que celebra a súa sétima edición co apoio da Xunta a través do patrocinio da marca FEST Galicia.
Un total de 20 artistas e bandas que conforman o cartel desta nova edición e que poderá desfrutarse en diferentes espazos da cidade. Unha oportunidade para que o público poida gozar da música en vivo en distancias curtas.
Bandas consagradas e artistas galegos
O festival atrae públicos de toda a xeografía galega, grazas a un cartel que combina bandas e artistas consagrados con novos talentos. Os principais artistas da programación son:
- Fink + Finnegan Tui: venres, 13 de setembro, no Auditorio Municipal ás 20:00 horas.
- Stone Foundation: venres, 13 de setembro, na sala Masterclub ás 23:00 horas.
- La Cendejas: venres, 20 de setembro, en RADAR Vigo ás 20:30 horas.
- Gigolo Aunts: venres, 20 de setembro, na sala Masterclub ás 23:45 horas.
- Sistema de Entretenimiento: venres, 20 de setembro, na sala Kominsky.
- Richard Hawley: sábado, 21 de setembro no Teatro Salesianos ás 19:30 horas.
- ASH: sábado,21 de setembro, na sala Masterclub ás 00:00 horas.
- Chester Remington: sábado, 21 de setembro, na sala Kominsky.
- El Mató a Un Policía Motorizado: domingo, 22 de setembro, no Teatro Afundación a las 19:00 horas
O Underfest renova a súa adhesión á marca FEST Galicia
O Underfest engade este ano ao seu nome a mención ao Xacobeo e renova a súa adhesión a FEST Galicia, o selo impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que ten como obxectivo promover o noso territorio como destino musical baixo criterios de calidade e sustentabilidade, de maneira que os eventos que a integran reúnen características singulares e diferenciadoras como valor engadido á experiencia musical e serven de plataforma para a diversidade artística.
Por último, cabe destacar que no día de hoxe tivo lugar a presentación do evento, onde participaron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta, Jacobo Sutil, xunto a Raquel Seijo e David Lago, responsables da promotora do festival, Sweet Nocturna.