O Concello de Covelo vén de obter o apoio do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a rehabilitación dunha vivenda de titularidade municipal destinada a alugueiro social. O goberno local conseguiu unha cuantía de 39.448, 52 euros, o 95% do importe total das obras que implicarán traballos de fontanería, electricidade, iluminación, calefacción e acessibilidade ademais de intervir en solos, teitos, paredes e carpintería interior. Tamén se equipará o baño e a cociña.
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, manifesta a súa satisfacción polo respaldo recibido que beneficia as persoas que máis o precisan, “a escaseza de vivenda en aluguer e o elevado prezo do mercado dificulta que algunhas persoas en situación de risco ou com poucos recursos poidan atopar unha vivenda por iso comezaremos a traballar xa na rehabilitación desta vivenda”.