jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsA RaiaPortugal activa a alerta internacional tras a fuga de prisión de cinco...

Portugal activa a alerta internacional tras a fuga de prisión de cinco reclusos

O director da Policía Judicial, Luís Neves, advertiu nunha rolda de prensa que se tratan de persoas «perigosas»

Este domingo, as autoridades lusas realizaron unha rolda de prensa para comunicar a activación internacional da alerta por búsqueda e captura de cinco reclusos que se fugaron da cárcel de Vale de Jedeus, que se atopa a uns 50 minutos do centro de Lisboa.

Manuel Vieira, secretario xeral adxunto do Sistema de Seguridade Interna de Portugal, explicou na reunión que o aviso tamén exténdese ás autoridades do espazo Schengen, que son os países que forman parte do acordo de supresión dos controis entre fronteiras interiores, e europeas como Europol ou Interpol.

Con respecto a isto, Vieira tamén indicou que a comunicación entre os países é «cómoda», polo que «estase facendo todo o que se pode».

Polo momento, descártase o peche das fronteiras, xa que as autoridades lusas considérano que «non é proporcional nin axeitado».

Os reclusos: dous portugueses, un arxentino, un británico e un xeorxiano

Os cinco presidiarios que se fugaron durante a mañá do sábado da cárcel lusa estaban cumplindo penas de entre 7 e 25 anos e fixérono con axuda externa da prisión.

Estes son:

  • Fernando Ferreira de 63 anos e de Portugal. Cumplía unha condena de 25 anos por delitos que ían dende roubos violentos ata o rapto e tortura dun empresario en agosto de 2009 na localidade de Condeixa-a-Nova no distrito de Coímbra.
  • Fábio Loureiro de 34 anos e tamén de Portugal. Coñecido como «o terror do Algarve», trátase dun dos narcos máis famosos do municipio luso que o detiveron no 2014.
  • Shergili Farjiani de 42 anos e natural de Xeorxia. Dos presos fugados o sábado era o que cumplía a menor condena con 7 anos de prisión, a causa de roubos con violencia e de sustracción e falsificación de documentación.
  • Mark Roscaleer de 37 anos e de Reino Unido. Entrou en prisión en xuño de 2020 tras un xuízo que tivo lugar no tribunal do Algarve, tras ser acusado de torturar, xunto cun cómplice, nunha casa abandonada do Algarve a unha víctima de 45 anos de idade para coñecer onde gardaba os cartos efectivos no seu domicilio. Según o medio inglés «The Mirror», Roscaleer xa intentara escapar de prisión en anos anteriores noutras cárceres de Inglaterra.
  • Rodolfo Lohrmann de 61 anos e natural de Arxentina. Coñecido como «El Ruso», trátase dun dos cabecillas da banda que secuestrou e torturou a Cristian Eduardo Schaerer en setembro de 2003. Según o medio arxentino «Clarín», Lohrmann detivérono en 2017 e cumplía unha pena de 18 anos, de feito esperábase que ao longo do 2024 trasladárano a Corrientes para responder sobre o secuestro do mozo de 21 anos.

A fuga, «unha operación complexa, de crimen organizado con capacidade financieira»

As autoridades, durante a rolda de prensa, explicaron que o plan de escape consistiu nunha «operación complexa, de crimen organizado con capacidade financieira» e engadiron que «todos os pormenores pensáronse ata o máis mínimo detalle».

Segun as investigacións, os cinco presos escapáronse a través udnha escaleira que lanzaron dende o exterior e que lles permitiu saltar o muro ata os exteriores penitenciairos.

Ante isto, o director xeral da Dirección Xeral de Reinserción e Servizos Penitenciairios, Rui Abrunhosa, explicou que houbo «un fallo de seguridade da prisión e que aínda estase investigando».

O director da Policía Judiciária, Luís Neves, advertiu que, a excepción de un dos fuxitivos, trátanse de persoas «peligrosas» e de carácter «violento» que «farán todo por seguir en libertade». Ademais de solicitar a colaboración cidadá.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS