viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Rosal abre unha fiestra ao mundo a través do cinema na...

O Rosal abre unha fiestra ao mundo a través do cinema na rúa

O Concello, Solidariedade Internacional e Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade proxectarán varias curtametraxes relacionadas con proxectos en Guatemala este venres ás 20.00 horas na Praza do Calvario de balde

As rúas do Rosal convértense nun escenario aberto á solidariedade e á reflexión a través do audiovisual. O Concello en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade acolle este venres, 13 de setembro, de maneira gratuita a actividade ‘Cine na Rúa: unha ventá ao mundo’, un visionado de da man da ONG Solidariedade Internacional de Galicia de catro curtametraxes vencelladas aos proxectos de cooperación internacional que Galicia está a desenvolver en Guatemala.

Como afirma a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, trátase dunha actividade que busca “que a xente se sinta partícipe e coñeza de primeira man como a cooperación internacional pode cambiar vidas. O cinema é unha ferramenta moi poderosa para espertar conciencias e, ao facelo nun espazo público como a Praza do Calvario, facemos que sexa accesible para todo o mundo”.

Estas pezas audiovisuais abordarán temáticas fundamentais como a soberanía alimentaria, a seguridade e hixiene alimentarias, así como o dereito a unha vivenda digna, á auga ou á educación, todas elas relacionadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Ao rematar as proxeccións, abrirase un espazo de coloquio onde as persoas asistentes terán a oportunidade de compartir as súas impresións, formular preguntas e dialogar coas técnicas de Solidariedade Internacional de Galicia e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nunha conversa enriquecedora a través das temáticas tratadas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS