domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísOurenseOs autobuses urbanos de Ourense serán gratis dende o 16 ao 22...

Os autobuses urbanos de Ourense serán gratis dende o 16 ao 22 de setembro

O Concello levará a cabo esta medida pola celebración da Semana Europea da Mobilidade

Os autobuses urbanos do Concello de Ourense serán gratuítos durante unha semana, desde o 16, luns, até o domingo, 22 de setembro pola celebración da Semana Europea da Mobilidade.

Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Pérez Jácome, no transcurso do pleno ordinario do Concello do mes de setembro.

O goberno municipal amplía así a unha semana de duración esta experiencia de gratuidade dos autobuses, que xa se levara a cabo durante un día en edicións anteriores da Semana Europea da Mobilidade.

Con esta medida, explicou Jácome, preténdese fomentar o uso do transporte público entre a cidadanía ourensá, xa que todas as persoas que o desexen poderán viaxar de balde en calquera das liñas que forman a rede regular do transporte urbano de Ourense.

A experiencia tamén servirá como unha proba piloto da gratuidade do servizo, que o goberno municipal quere implantar proximamente na cidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS