lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsActualidadeO Ciclo de Música Antiga 'Un camiño ben temperado' chega a Oia...

O Ciclo de Música Antiga ‘Un camiño ben temperado’ chega a Oia coa súa III Edición

O Mosteiro de Oia será o epicentro do evento os días 6, 7 e 8 de setembro


Organizado pola Orquestra Clásica de Vigo, e co apoio da Xunta de Galicia e diversas entidades de caracter privado, este ciclo nace en 2022 coa finalidade de pór
en valor e resaltar o patrimionio musical de Galicia e o norte de Portugal nun entorno
limítrofe destes dous lugares cun percorrido histórico de raíz común e percorrido paralelo.


Deste xeito, o Mosteiro de Oia, de incaliculable valor arquitectónico, acolle durante a vindeira fin de semana, por terceira vez, o encontro de formacións musicais de Galicia e Portugal con actividades complementarias de carácter divulgativo, como obradoiros ou visitas guiadas coa vista posta en converterse nun espazo de intercambio artístico e reflexión entre Galicia e Portugal, demostrando a vitalidade e actualidade da interpretación históricamente informada.


Nesta terceira edición do ciclo de música antiga de Oia conta cunha programación de concertos na que participará o Ensemble Allettamento, Entrebescant, Pilar Almalé, Catro quince e I colori dell’Armonia xunto coa sección de corda da Orquesta Clásica de Vigo no concerto de clausura.


Entre as actividades paralelas, especial mención ao obradoiro de danzas antigas organizado pola agrupación Portingaloise e que está destinado a abordar o repertorio da danza europea dos séculos XV a XVIII, veiculada polo contacto coas fontes primarias.

Destínase a públicos de distintos grupos de idade e con distintos niveis de aptitude e experiencia en danza, en concreto as Country Dances inglesas, onde se probarán outros códigos de movemento, contextualizando a práctica da danza nas cortes da Europa barroca.


Por último, e como novidade, este ano haberá unha sesión de viños do Rosal da man da Adega Pateira o venres 6 ás 19:30h e o domingo 8 ás 19:30h no Andro da Igrexa Parroiquial do Mosteiro.


A programación completa pode consultarse na web www.orquestaclasica.com. A entrada a todos os eventos deberá ser formalizada mediante reserva na plataforma enterticket onde tamén poderá efectuarse un donativo que irá destinado na súa totalidade á organización do ciclo, de xeito que poida asegurarse no posible, unha cuarta e vindeiras edicións.


Este ciclo conta co apoio da Xunta de Galicia e outras entidades de carácter privado que participan de diversos xeitos no encontro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS