martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasAtopan probas sobre a intencionalidade do lume de Crecente, xa estabilizado

Atopan probas sobre a intencionalidade do lume de Crecente, xa estabilizado

O lume que arrasou máis de 300 hectáreas na parroquia de Filgueira, en Crecente, está estabilizado desde as 10.01 horas de hoxe, tal e como informou a Consellería de Medio Rural. Ademais, desde a Xunta adiantan que, durante os traballos de investigación in situ, realizados no día de onte, axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) atoparon probas que apuntan á intencionalidade deste lume.

Segundo as últimas estimacións, o incendio, que se iniciou ás 22.32 horas do mércores, día 4, afecta unha superficie de arredor de 300 hectáreas e conta cunha evolución positiva, de maneira que xa se desactivou a Situación 2, que na madrugada do xoves obrigou a desaloxar dos seus fogares a 25 persoas dos núcleos de Ameixeira y Os Reinaldos, que xa puideron regresar ás súas casas na mañá de onte.

Para a súa estabilización mobilizáronse ata o de agora 5 técnicos, 36 axentes, 65 brigadas, 47 motobombas, 6 pas, 9 helicópteros e 5 avións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS