martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasA chuvia obriga a mudar o inicio da Festa dos Remedios en...

A chuvia obriga a mudar o inicio da Festa dos Remedios en Ponteareas

A chuvia prevista para a xornada de hoxe en Ponteareas obrigou ao Concello a mudar o rumbo da programación das Festas dos Remedios, que comezan hoxe na vila do Corpus.

Así, queda anulada a apertura dos postos gastronómicos na Praza de Bugallal; e tamén se traslada a lectura do pregón ao Auditorio Municipal. Este será igualmente ás 21 horas, a cargo do humorista, actor e presentador de televisión Roberto Vilar.

A xornada de mañá, polo de agora, non sufrirá cambios, polo que os postos abrirán a partir das dez da mañá na contorna da Praza de Bugallal. Os visitantes poderán adquirir produtos de alimentación, artesanía, cerámica, olaría, marroquinería, calceta, coiro, calzado, complementos ou xoiaría, entre outros. Tamén abrirán os postos de degustación e comida na Praza Bugallal.

Ademais, os asistentes poderán participar nos obradoiros de decoración para calquera idade de 10:30 a 13:30 horas ou no de pintura téxtil de 16:30 a 19:30 hora. As demostracións de forxa e de talla de madeira estarán abertas de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas. Ás 22:00 horas terá lugar a actuación de Black Lovers e Alteanos na Praza Bugallal e ás 23:30 horas verbena coa orquestra Florida Band na Praza Maior.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS