lunes, septiembre 16, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoSoutomaior pon a punto os seus centros escolares

Soutomaior pon a punto os seus centros escolares

Realizáronse obras no CEIP Manuel Padín Truiteiro, na Escola Infantul de Romaríz e na Galiña Azul de Arcade, cubrindo as necesidades que trasladaron os equipos directivos

O Goberno de Soutomaior vén de desenvolver nos centros educativos que dependen da xestión municipal, os cales son o CEIP Manuel Padín Truiteiro, Escola Infantil de Romaríz e Galiña Azul de Arcade, os traballos e arranxos necesarios para que estean listos de cara ao comezo do novo curso escolar o vindeiro 11 de setembro.

Neste sentido, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Obras, Pablo Garrido, achegáronse esta mañá ata o Padín Truiteiro para revisar xunto co director, Quico Obelleiro, as labores realizadas.

En concreto, neste centro educativo que acolle a centos de alumnos e alumnas, o Goberno de Soutomaior levou a cabo a limpeza e axardinamento dos taludes, o encintado do muro de mampostería, o pintado de porterías e renovación de redes, o pintado do comedor e de varias aulas, así como o repintado da pista exterior de educación viaria e tráfico e ademais, a limpeza de canalóns.

Lourenzo: «os traballos realizados cobren as necesidades inmediatas trasladadas polos equipos directivos»

En canto aos outros dous centros educativos, na Galiña Azul desenvolveuse a revisión de todos os peches e estores, o repintado da valla exterior, a substitución da secadora e a colocación de mesas abatibles no comedor.

Por último, na Escola Infantil de Romariz os traballos consistiron na substitución do pavimento dos baños, a limpeza de  canalóns, o pintado da aula 2, a revisión de persianas e a construción dun areeiro.

Lourenzo sinalou que «as obras e traballos realizados cobren as necesidades inmediatas trasladadas polos equipos directivos». Ademais, avanzou que «o Goberno local mantén un diálogo fluído e constante cos equipos directivos de cara a buscar melloras a medio e longo prazo, co obxectivo de que o alumnado teña acceso ás mellores instalacións posibles».

Neste sentido, o rexedor destacou que “todos os arranxos realizados nos centros educativos realizáronse con fondos propios xa que para nós investir en educación, dentro das competencias que lle corresponden ao Concello, é un obxectivo prioritario”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS