O Mosteiro de Oia será o escenario para este ciclo de concertos que terá lugar dende mañá, venres día 6, ata o domingo
O Ciclo de música antiga «Un camiño ben temperado» volve coa súa terceira edición a Oia, os días 6, 7 e 8 de setembro.
Organizado pola Orquestra Clásica de Vigo, este ciclo naceu en fai dous anos coa finalidade de pór en valor e resaltar o patrimionio musical de Galicia e o norte de Portugal nun entorno limítrofe destes dous lugares, como é Oia.
Deste xeito, o Mosteiro de Oia, dun gran valor arquitectónico, acolle durante esta fin de semana, a terceira edición do encontro de formacións musicais de Galicia e Portugal con actividades complementarias de carácter divulgativo, como obradoiros ou visitas guiadas.
O obxectivo principal do evento é converterse nun espazo de intercambio artístico e de reflexión entre Galicia e Portugal, demostrando a vitalidade e actualidade da interpretación históricamente informada.
Nesta terceira edición do ciclo de música antiga de Oia, contarán cunha programación de
concertos na que participará o Ensemble Allettamento, Entrebescant, Pilar Almalé, Catro
quince e I colori dell’Armonia. Ademais, tocarán xunto coa sección de corda da Orquesta Clásica de Vigo no concerto de clausura.
Actividades e unha sesión de viños do Rosal como novidades
Entre as actividades paralelas destaca o obradoiro de danzas antigas, organizado pola agrupación Portingaloise. Este está destinado a abordar o repertorio da danza europea dos séculos XV ao XVIII, veiculada polo contacto coas fontes primarias. Está orientado para trabajar con público de diversas idades e con distintos niveis de aptitude e experiencia en danza.
Por último e como novidade, este ano teñen preparada unha sesión de viños do Rosal da man da Adega Pateira. O horario será o venres 6 ás 19:30h e o domingo 8 ás 19:30h no Andro da Igrexa Parroiquial do Mosteiro.
A programación completa pode consultarse na súa web. Ademais, para poder asistir aos eventos é necesario a reserva da entrada a través de enterticket ou tamén poderá efectuarse un donativo, que destinarase á organización do ciclo.