viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeMáis de 450 persoas descubriron este verán o Parque Natural Monte Aloia

Máis de 450 persoas descubriron este verán o Parque Natural Monte Aloia

O Concello de Tui organizou dez rutas que partiron do centro urbano en tren turístico e foron guiadas pola Fada do Aloia

Máis de 450 persoas participaron nos meses de xullo e agosto no programa Descubrindo o Monte Aloia posto en marcha polo Concello de Tui coa colaboración de A Fada do Aloia e de Segmento Divertido. Cada martes ás 10 h saía o tren turístico dende a Oficina de Turismo para ir até o punto de inicio da ruta establecida onde A Fada do Aloia guiaba ás persoas asistentes a través da fauna, a flora e o patrimonio deste espazo natural. No mes de xullo participaron 285 persoas nas seis saídas realizadas e en agosto foron 170 as persoas que gozaron das catro rutas realizadas.


Os participantes en “Descubrindo o Monte Aloia” foron dende tudenses a persoas chegadas da Guarda, O Porriño, Mos, Nigrán ou Vigo, pero tamén dende Almería, Barcelona, Madrid, Santa Cruz de Tenerife, Valencia, Valladolid e Zaragoza.


Ao longo destes dous meses as persoas participantes nesta iniciativa puideron coñecer a muralla ciclópea e os miradoiros do Aloia, achegarse aos muíños do Tripes, do Deique ou a Poza de Cabanas, tamén coñecer máis de preto a flora e fauna na Senda Botánica.


A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, destaca a gran acollida que tivo esta iniciativa xa que nas primeiras semanas completáronse as prazas para os dous meses, o que demostra o interese suscitado pola mesma. Engade a edil coma con este tipo de propostas búscase achegar tanto a tudenses coma a visitantes ao coñecemento do Parque Natural Monte Aloia, que foi o primeiro espazo natural protexido en Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS