lunes, septiembre 16, 2024
InicioA RaiaAfricaDespedida en Nigrán tras o final de "Vacacións en Paz"

Despedida en Nigrán tras o final de «Vacacións en Paz»

O delegado saharaui en Galicia, Mohamed Mehdi, e o Concello de Nigrán ofreceron unha merienda nas escolas de Balinfra e asistiron á función do Circo OCEÁNIKA

Dende finais de xullo ata hoxe, levouse a cabo en diferentes localidades galegas a iniciativa «Vacacións en Paz». Nigrán foi un deses concellos que acolleron a nenos e nenas saharauis para que pasasen os meses de verán en Galicia.

O Concello de Nigrán repite un ano máis esta iniciativa que, como novidade, este ano instalouse no recinto de Balinfra unha «haima». Trátase dunha tenda saharaui tradicional que o alcalde de Nigrán, Juan González, trouxo o ano pasado do seu viaxe aos campamentos de refuxiados.

González sinalou a importancia deste proxecto e a forma da localidade de adaptarse, «o Concello de Nigrán ten a sorte de dispor dunha vivenda municipal que durante o verán non emplea o CEE Juan María, así que non dubidamos en ofrecela para este fin».

No recinto de Balinfra foi o lugar principal onde se desenvolveron as actividades que impartiron os monitores ao longo dos meses. En total sete pequenos saharauis de entre 8 e 9 anos, que non conseguiron adaptarse as súas familias de acollida, conviviron neste espazo.

O rexedor destacou que «o intercambio cultural resulta moi enriquecedor, o barrio está atento a calquera necesidade que teñen para botar unha man» e engadiu que «a súa presenza aquí contribue a acercarnos máis entre pobos e desmontar calquera tipo de prexuízo».

A pesar do final de «Vacacións en Paz», Nigrán mantén a súa aposta pola cooperación internacional financiando o proxecto «Nadafa» de recollida de residuos e sensibilización ambiental nos campamentos de refuxiados saharauis en Arxelia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS