Nos meses de verano, o antigo Matadoiro de Gondomar foi o escenario dunha mestura de artes, o teatro e a cociña, cun»Showcooking» e un «Karaoke a Micro Aberto», onde públicos de todas as edades puideron cantar un amplo repertorio de cancións. Neste setembro, estas instalación volverán a acoller actividades de lecer para todo o municipio.
Mañá, venres 6 de setembro, a partir das 21.30 horas será o turno do teatro coa obra “Forestas” de “Non si? Teatro”. Neste espectáculo poderase disfrutar de escenas dos bosques de William Shakespeare e Federico García Lorca. A versión e a dirección estivo a cargo de Mónica Sueiro. En relación con esta disciplina artística, o concello de Gondomar abre o prazo de inscrición das aulas de adultos e de mozos da súa Escola Municipal de Teatro. As clases darán comezo o próximo martes e a inscrición deberá realizarse no rexistro do concello, presencialmente ou a través da sede electrónica.
O próximo venres, 13 de setembro, tras o éxito da primeira edición en xullo, a partir das 22.00 horas estará dispoñible participar no “Karaoke Clandestino”. “Atrévete a subirte ao escenario e cantar os clásicos musicais de todos os tempos”, animan dende a organización, a Asociación Verbos de Acción.