O domingo 8 de setembro dará comezo ás 18.00 horas no campo de fútbol Municipal de Arbo, o encontro do XL Trofeo de Fútbol Vila de Arbo, entre o Arbo, C.F e o C.F Guillarei.
O Concello de Arbo no seu interese por apoiar e promocionar o deporte, organiza esta fin de semana coa colaboración do Arbo, C.F o XL Trofeo de Fútbol Vila de Arbo. O Torneo que terá lugar no campo de Futbol Municipal de Arbo, acollerá o encontro entre Arbo, C.F e o C.F Guillarei, a partires das 18:00 horas do domingo 8 de setembro.
Na antesala das competicións ligueiras, os equipos de fútbol melloran a súa preparación en diversos torneos, así como este, que o Concello de Arbo leva 39 anos organizando.
Por este Torneo, o longo de 40 anos, pasaron equipos da comarca, da provincia e incluso do país veciño Portugal, e para os arbenses así como para os xogadores presentes e pasados do Arbo, C.F supón unha cita marcada no calendario anual ao que non se pode faltar.
Un grupo de veciños entusiastas convertía o equipo do Arbo nun “Club” oficial nos últimos anos da ditadura franquista no ano 1972, estaban levando a cabo un feito de relevancia social longamente agardado. Por fin, cumpríase o soño daquela vella tradición futbolística arabense, que unha e outra vez repetía a frase de “Hai que federarse!”.
No 1983 institucionalízase o “Trofeo Vila de Arbo”, ao que veñen acudindo conxuntos galegos de categorías superiores, e é igualmente subliñable a creación da sección de cadetes de forma oficial en 1997. O Arbo CF transitou pola 2ª e 3ª Rexional e 1ª, 2ª e 3ª Autonómica, rexistrando ascensos á 1ª Autonómica nas temporadas 2005-2006, 2008-2009 e 2010-2011 e na temporada 2016-2017.
Ao longo destes 50 anos (1972-2022) baixo a dirección de dezasete presidentes/as: Juan Cañas, Ricardo Gómez, Germán Pérez, Luís González, Ángel López, Tomás Puga, José Méndez, Gumersindo Ferro, Emilio González, Benito Martínez, Guillermo García, Jesús Expósito, Horacio Gil, Marta Gregorio, María Dolores Pérez, Mercedes Martínez e Iria Taboada e o labor arduo de moitos directivos/as hai que salientar fundamentalmente o mérito de manter, consolidar e engrandecer esta institución ata os días de hoxe sen parénteses, unha andaina na que se rexistraron momentos felices, pero tamén ocasións nas que non faltaron fortes quebradizos de cabeza.
No ano 2022, o Concello de Arbo, outorgaba o recoñecemento de Arbense Distinguido ao Arbo, C.F pola importante labor desenvolvida no ámbito do deporte.
O Concello de Arbo e o Arbo, C.F, «animan a veciñanza arbense, que se acheguen o municipal para animar ao equipo local».