lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsComarcasA romaría da Virxe da Franqueira celébrase esta fin de semana na...

A romaría da Virxe da Franqueira celébrase esta fin de semana na Cañiza

O sábado comenzan as actividades relacionadas con esta celebración, unha das romarías máis antigas de Galicia

O santuario da Franqueira acolle estes días a súa popular romería de verán, considerada unha das máis antiga de Galicia, con sete séculos de vida documentados. Esta festa, da Natividade da Virxe, xa se celebraba no ano 1300, segundo un documento consultado polo reitor, que fala de asistir a esta romaxe. De forma precisa, a romaría da Virxe da Franqueira celébrase esta fin de semana na Cañiza, desde o sábado ata o luns, 9 de setembro.

Durante estes días oficiaranse diversos actos relixiosos. A novena, o exercicio de devoción que se practica durante nove días para obter algunha graza ou pedir por unha determinada intención, estivo presente desde o pasado venres ,30 de agosto, ata o sábado, 7 de Setembro, ás 18.00 horas, excepto o domingo que se celebraba ás 16.30 horas. Na xornada de sábado celebraranse misas rezadas cada hora desde as 09.00 ata as 11.00 horas da mañá. Ás 12.00 horas terá lugar a misa solemne, seguida de procesión. Pola tarde haberá misas ás 19.00 e 20.00 horas. Ás 21.00 horas celebrarase a procesión dos fachos co rezo do santo rosario.

O domingo é o gran día en honra á Santa e celebraranse misas rezadas cada hora desde as 07.00 ata as 11.00 da mañá. Ás 12.00 horas oficiarase a misa solemne, presidida polo bispo de Tui-Vigo, seguida de procesión. Haberá pasacalles ao longo de toda a mañá. Pola tarde, celebrarase tres novos actos litúrxicos ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas. Na última xornada, a do luns 9 de setembro, celebraranse misas ás 11.00 e 12.00 horas, sendo esta última a misa solemne seguida de procesión. Pola tarde, celebrarase un novo acto litúrxico ás 18.00 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS