Terá lugar entre o sábado día 6 e o domingo 7, no centro histórico da cidade de Pontevedra
Pontevedra conta cunha programación cultural moi rica durante o mes de verán. Unha multitude de citas que enchen as rúas da cidade como é o caso das Festas da Peregrina, que tiveron lugar no mes de agosto.
Setembro non se queda atrás, xa que este fin de semana, concretamente os días 6 e 7, celébrase un deses grandes eventos, a Feira Franca. Unha festa que busca trasladar a cidade ata o século XV.
A semana pasada era a quenda da Festa da Istoria en Ourense, también ambientada na mesma época histórica, agora é a capital da provincia de Pontevedra a protagonista con esta cita.
As actividades desenvólvense na zona monumental pontevedresa cunha programación que vai dende representacións, torneos, entre moitas outras. Todo isto, fixo que hai máis dunha década a Feira Franca declarouse Festa de Interese Turístico pola Xunta.
Unha festa onde a vestimenta de época resulta fundamental para mimetizarse co ambiente que desprende as rúas de Pontevedra.
Programación Feira Franca 2024
Venres, 6 de setembro – Xornada Inaugural
- 19:00 horas, pregoeiros a cabalo anuncian o comezo da Feira Franca polo centro histórico.
- 22:00 horas na Praza da Ferrería, espectáculo inagural «A historia de Xan da Lus» a cargo da compañía Pablo Méndez Performance.
Sábado, 7 de setembro – Día da Feira Franca
- 11:30 horas, apertura do mercado medieval na avenida de Santa María e mostra de oficios nas prazas da Ferraría, Pedreira e do Peirao.
- 12:30 horas, cantar de cego e música medieval a cargo de Foula polo centro histórico.
- 13:00 horas, grupo de animación «As Lendas do Camiño do Bruxo do Lerce»
- 17:00 horas na avenida Montero Ríos, demostración e obradoiros de esgrima coa Escola Hungaresa.
- 17:30 horas na praza de touros, gran torneo medieval de hípica celta.
- 18:00 horas na praza da Peregrina, música e bailes medievais a cargo da Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes.
- 18:30 horas, batucada dos Vikingos.
- 19:00 horas no centro histórico, animación medieval con Olodum do Coio.
- 19:30 horas no centro histórico, pasarrúas dos bufóns medievais a cargo de Art Monium.
- 21:45 no centro histórico, pasarrúas dos Errantes.
- 22:00 horas no centro histórico, pasarrúas da Santa Compaña a cargo de A Xanela do Maxín.
Podes consultar a programación comple na páxina web da Feira Franca e a continuación deixamos un mapa de onde se van realizar as actividades.