jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeSoutomaior comezará as obras no acceso ao campo de fútbol municipal

Soutomaior comezará as obras no acceso ao campo de fútbol municipal

O alcalde da vila, Manu Lourenzo, sinalou que «a nova entrada ao campo de fútbol o Graciano Padín deixará de estar no século pasado e pasará a ser un recinto deportivo do século XXI»

Soutomaior investirá 55.000 euros para arranxar o acceso principal ao campo de fútbol municipal Graciano Padín, así como varias melloras na instalación deportiva.

O alcalde da localidade, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Obras, Pablo Garrido, achegáronse hoxe ás instalacións para revisar o comezo dos traballos e coñecer sobre o terreo como será o novo acceso principal ao Graciano Padín.

Lourenzo sinalou que “todos os arranxos e melloras que se van levar a cabo no campo de fútbol foron consensuados coa directiva do C.D. Soutomaior, co obxectivo de que o Goberno local cubra as principais necesidades e eivas do recinto directivo» e engadía que «coa nova entrada ao Graciano Padín, o campo de fútbol da parroquia de Soutomaior deixará de estar no século pasado e pasará a ser un recinto deportivo do século XXI”.

Para lograr isto, o rexedor tamén explicou que “esta obra é posible grazas a que o Goberno local conseguiu unha subvención a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra» e ademais incidiu que «no que vai de ano xa conseguimos máis de millón e medio de euros en subvencións de diferentes institucións, grazas ao traballo do equipo de Goberno e das funcionarias municipais».

Neste sentido, o alcalde de Soutomaior apuntou que “nos vindeiros días comezarán as obras de humanización na Praza da Aldea, en Arcade de Riba. Este é un novo paso na folla de ruta do Goberno de Soutomaior para construír un mellor Soutomaior para os veciños e veciñas. Con traballo constante, conseguindo fondos e subvencións e cunha visión clara de cal ten que ser o Soutomaior do futuro, imos sacarlle todo o proveito ao inmenso potencial que ten o noso concello”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS