jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeA Guarda Civil detivo a dúas persoas en Moaña por cometer ata...

A Guarda Civil detivo a dúas persoas en Moaña por cometer ata oito delitos

Os cargos van dende un delito continuado de roubo con forza, roubo en interior de vehículo e estafa por uso fraudulento de tarxetas de crédito sustraídas

A Guarda Civil detivo o pasado domingo, 1 de setembro, a dúas persoas por cometer un delito continuado de roubo con forza, roubo no interior de vehículo e estafa por uso fraudulento de tarxetas de crédito sustraídas.

O equipo EBIO de Pontevedra considerou esclarecidos ata oito delitos polos feitos ocurridos na localidade de Moaña entre os días 15 e 27 de agosto.

O modus operandi que seguían, consistía na búsqueda de vehículos estacionados nas praias que tivesen baixada algunha das ventanillas varios centímetros para así forzala, acceder ao interior do vehículo e sustraer efectos personais como, por exemplo, documentación, aparatos electrónicos e tarxetas bancarias das que acabaron facendo uso.

A raíz do uso destas tarxetas roubadas, puidose comprobar que sempre as utilizaban nos mesmos establecementos e que nunca sobrepasaban a cantidade de cincuenta euros para non ter que poñer o pin. Ademais, as inspeccións oculares realizadas nos vehículos, nos cales se produciron os roubos, chegouse á conclusión de que se trataba de estas dúas persoas.

Por todo isto, o equipo EBIO de Pontevedra, xunto coa patrulla de seguridade cidadá de Moaña, detiveron a un varón e a unha muller de 37 e 33 anos, respectivamente. No momento da súa detención atopábanse no seu domicilio en Moaña e xa contaban con antecedentes por feitos similares.

As dilixencias, xunto cos detidos, puxéronse a disposición do Xuzgado de guarda de Cangas, que decretou a súa libertade con cargos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS