lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsActualidadeOia promove a compostaxe doméstica para mellorar a xestión dos residuos

Oia promove a compostaxe doméstica para mellorar a xestión dos residuos

O Concello ofrece de maneira gratuita composteiros e aireadores domésticos ás persoas interesadas

O Concello de Oia anima á veciñanza a unirse ao programa de compostaxe doméstica que se está levando a cabo. Trátase dunha iniciativa clave que ten como obxectivo mellorar a xestión dos biorresiduos no municipio.

O programa municipal busca fomentar a autoxestión da materia orgánica, contribuíndo así á redución dos residuos sólidos urbanos.

As persoas que posúan un pequeno terreo en Oia poden transformar os seus residuos orgánicos en compost de alta calidade. Para que o poidan levar a cabo, o Concello ofrece gratuitamente composteiros e aireadores domésticos para facilitar as labores.

Para participar só hai que inscribirse na web do Concello de Oia. Unha vez rexistradas, as persoas que se incorporen ao programa de compostaxe recibirán un composteiro, un manual de instrucións e soporte continuo por parte de expertos.

A compostaxe doméstica non só axuda a reducir a pegada de carbono ao diminuír a recollida de residuos, senón que tamén produce compost, un abono natural rico en nutrientes para o solo. Ademais, esta práctica contribúe a reducir os custos de xestión dos residuos a longo prazo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS