jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsConcellos +O ciclo de monólogos das Festas do Cristo de Porriño abre este...

O ciclo de monólogos das Festas do Cristo de Porriño abre este xoves con Oswaldo Digón

Seis grandes monologuistas deleitarán aos amantes da comedia no Porriño: Oswaldo Digón, Damián Alonso, Víctor Grande, Leti da Taberna, Arantxa Treus e Darío Mares

As noites de humor regresan ao Porriño polas Festas do Cristo. Seis grandes monologuistas daranse cita na praza Arquitecto Palacios este mes de setembro para facer as delicias dos amantes da comedia. Como sempre, a entrada é gratuíta, so hai que achegarse á praza con ganas de pasalo ben.


Oswaldo Digón, con “Outra Movida!”
Inaugura este ciclo o actor e guionista galego Oswaldo Digón co seu monólogo “Outra movida!”, que recompila contos sobre a súa disparatada vida. Será o xoves 5 de setembro ás 20:30 h (no caso de choiva trasladarase ao Centro Cultural Muncipal).


Oswaldo Digón comezou a súa carreira como contacontos e máis adiante traballou como actor de teatro profesional. Foi guionista dos programas de humor “Tourilandia” e “A Casa da Conexa” para a TVG, pero destaca máis o seu paso polos escenarios coa realización de espectáculos como “Los duguis World Tour”, “HAIPOD”, “Las noches de Monólogos 10” e “Las noches de El club de la Comedia”. No 2003 gañou o concurso de comedia Fórum Comedia co espectáculo escrito e interpretado por el mesmo “Historias da miña Historia” co que estivo dúas tempadas no Teatreneu de Barcelona.


Noites de comedia

O mércores 11 de setembro ás 20 h será a quenda do porriñés, Damián Alonso e o seu monólogo sobre diversidade e igualdade, “Ler o prospecto antes de…”. O seguinte en coller o micro será Víctor Grande, o xoves 12 de setembro ás 20 h, con “A vida pasa voando”, un espectáculo de monólogos de humor e cancións satíricas no que o cómico fala das súas experiencias vitais axudado pola súa guitarra.


Leti da Taberna chegará o venres 13 de setembro ás 20 h co seu primeiro monólogo, “Enredada”, no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como inflúen no noso día a día. A seguinte será outra muller, Arantxa Treus co seu monólogo “Sexo débil, o carallo!”, un show de comedia no que se abordan cuestións como a sexualidade feminina, as relacións de parella, ou as esixencias estéticas que sofren as mulleres. Será o xoves 19 de setembro ás 20 h.


Darío Mares poechará o ciclo o mércores 25 de setembro ás 20 h con “Haberá que rirse”, con moitas e reflexións que non deixarán a ninguén indiferente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS